Saltar ao contido

Clunia Jazz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Clunia Jazz foi unha banda de Jazz galega-internacional fundada nos anos 80 formada por Nani García (piano), Baldo Martínez (contrabaixo) e Fernando Llorca (batería).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1982 despois do seu bautismo sendo abreconcertos de Wynton Marsalis no Festival de Jazz da Coruña gravan o seu primeiro disco, Clunia Jazz. Únese á formación o saxofonista, xa desaparecido, Antonio Cal. No ano 1983 participan en diversos certames, obtendo o segundo premio no Concurso Internacional do Festival donostiarra e o primeiro premio á mellor composición e arranxo para Nani García. Ademais participan nas primeiras Xornadas de Jazz de Santiago de Compostela xunto a Tete Montoliu. En 1984 gravan o seu segundo disco, Afueras Periódicas, para o selo Jazz Stop, coa colaboración do saxofonista Jorge Pardo.

En 1985 foron galardoados co Primeiro Premio no Concurso Internacional do Festival donostiarra, xunto á cantante portuguesa Maria João.

En 1987 participan en París como representantes do jazz español na exposición "Cinco séculos de arte española", no Museo de Arte Contemporánea de París. Despois entraron nunha etapa na que os seus proxectos individuais teñen mais importancia que o grupo, co que seguiron actuando esporadicamente e en 1992 incorporaron ao saxofonista norteamericano Tom Gullion, co que gravaron o seu último disco até o momento, Carpe Diem. As últimas colaboracións foron co trompetista italiano Paolo Fresu, un dos músicos europeos de jazz máis destacados dos últimos anos, e co gran mestre Kenny Wheeler.

  • Clunia Jazz (Citola, 1983)
  • Afueras Periódicas (Jazz-Stop, 1984)
  • Rua Cega (Edigal, 1986)
  • Carpe Diem (Sons Galiza, 1995)
  • Cinco (2009) [1]

Formación

[editar | editar a fonte]
  1. ELPAÍS.COM Galicia do 16/07/2009 consultado o 27/07/2009